O presidente da Xunta asegura que aínda que Galicia segue entre as tres comunidades con menor presión hospitalaria cómpre tomar novas medidas axiña para evitar o colapso das UCI. Acto seguido avanzou que a principios da semana que vén haberá máis restricións. Anticipou que afectarán «aínda máis se cabe, á hostalería, á práctica do deporte, e ao illamento municipal nos concellos». Aínda que como veu ocorrendo nas pasadas semanas, a decisión vaise tomar despois de escoitar ao comité clínico que asesora á administración galega, Feijóo deu por feito que o seu Goberno decidirá implantar esas medidas «nos primeiros días da semana próxima». Preguntouse: «Que máis ten que pasar para dicirlles aos cidadáns que despois de traballar hai que ir para a casa?». «Senón imos poñer en cuestión a propia capacidade de seguir traballando, de seguir impartindo docencia e imos colapsar os centros sanitarios», concluíu.