Novos descontos para os usuarios das autoestradas autonómicas


Por unha banda, bonificarase o 100% da viaxe de volta ás familias numerosas nas estradas que conectan A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona. Unha medida, que tal e como explicou, beneficiará a preto de 27.000 familias e será compatible con outros descontos xa en vigor como a rebaixa do 50% en horario nocturno, que se activou en 2019.

E por outra, estenderase ás 24 horas posteriores da viaxe de ida o desconto do 25% na volta e do 50% na segunda volta para usuarios recorrentes co obxectivo de favorecer especialmente a aqueles galegos e galegas que acceden a servizos públicos ou a colectivos específicos cuxas quendas se estenden máis alá desas 24 h.