Feijóo carga con ‘Koldo’ e Sánchez pídelle a dimisión de Ayuso

Os casos de corrupción centraron un duro ‘cara a cara’ entre o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, no Congreso, a conta do ‘caso Koldo’ e da presunta fraude a Facenda cometido pola parella de Isabel Díaz Ayuso. Feijóo volveu a cargar, unha semana máis, contra o xefe do Executivo pola trama de corrupción de máscaras durante a pandemia, asegurando que Sánchez está «desesperado» porque se investiga ao seu Goberno e ao propio presidente. E Sánchez contraatacou pedíndolle “coherencia” e “valentía” para esixir a dimisión da presidenta madrileña, “aínda que lle custe o posto” como ao seu predecesor, Pablo Casado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha