Feijóo, que foi moi crítico durante os últimos meses coa lei ‘só si é si’, na sesión de control ao Goberno no Senado cargou “ con dureza contra o que cualificou de “erro” e a “chapuza” da ‘lei trans’, que ao seu xuízo pode comprometer a “paridade” entre homes e mulleres, e botou en cara ao presidente do Goberno que esta norma sexa “unha peaxe máis” co que “manterse uns meses” na Moncloa. O xefe do Executivo, Pedro Sánchez, respondeulle que nunca “imaxinou” que “recoñecer os dereitos a minorías” como o colectivo trans “fose molestar á xente de ben”. “De todos os xeitos, señoría, para falar de feminismo hai que ter un certo criterio feminista”, proseguiu. E lembrou ao PP que votou en contra da lei do aborto de 2010 impulsada polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, a quen chamaba, dixo, “Zapatero, carniceiro”.