Feijóo carga contra o Goberno central na súa mensaxe de fin de ano


O presidente apela á “unidade que predicaron Blanco Amor ou a Xeración Nós” e o “bilingüismo cordial” do primeiro nun vídeo institucional gravado no instituto de Ourense no que estudou.

“Galicia asiste con estupor a unha errática política que parece destinada a condenar a unha parte do noso sector industrial”, di Feijóo, que vincula esas cuestións con que os socialistas primen os “acordos con forzas e líderes xulgados e condenados, que teñen o propósito confesado e ratificado de socavar primeiro a España das Autonomías para fragmentala mediante procesos de ruptura. “Galicia non permanece nin permanecerá calada cando a necesaria estabilidade da nosa nación común se entrega como moeda de cambio”, sentenza.

Fronte a esa inestabilidade, Feijóo presenta Galicia como un pobo unido, anhelo que di que xa estaba presente no ideario da Xeración Nós, cuxo centenario se celebra en 2020, e no propio Blanco Amor que dá nome ao instituto no que se gravou o vídeo, de cuxo pasamento veñen de cumprirse 40 anos.