0
Fontes do PP explicaron que Feijóo “non ten soldo” na formación, pero si “unha asignación en concepto de gastos de representación”, “por suposto” suxeita a tributación a través do IRPF, para afrontar os “gastos intrínsecos ás responsabilidades orgánicas que asumiu como líder da oposición”. Alberto Núñez Feijóo, cobrou no ano 2022 39.260 euros por “gastos de representación” do seu partido, ademais do seu soldo como senador. Esta información chega despois de que este martes, o presidente da Cámara Alta, Ander Gil, lle instase a actualizar antes do 4 de xullo a súa declaración de bens e rendas.