Feijóo comprométese a fixar a nova data electoral tras escoitar aos demais partidos

Cedida.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse cos principais partidos políticos en Galicia a oílos para tentar buscar un acordo antes de fixar unha nova data electoral. Segundo informou Núñez Feijóo, candidato á reelección polo PPdeG, este é o compromiso que subscribiu cos líderes destes partidos, cos que falou por videoconferencia este martes por segundo día consecutivo, e que será recollido no decreto que aprobe o Goberno galego para deixar sen efecto as eleccións do 5 de abril.

A pesar dun borrador previo que establecía algunhas concrecións temporais, o decreto “limpo” que finalmente aprobará a Xunta, que enviará á Xunta Electoral para o seu visto e prace, unicamente recollerá que se celebrarán “o máis pronto posible” desde que se levanten o decreto de alarma e o estado de emerxencia sanitaria en Galicia e tras “oír” aos demais partidos políticos.