O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este martes que se presentará de novo para liderar o PPdeG, que dirixe dende xaneiro de 2006. Durante unha intervención ante a Xunta Directiva do partido, anunciou que chegará o día en que dea un paso á beira. Nun discurso no que reivindicou a súa xestión durante a crise sanitaria, salientou que a tarefa máis importante que afrontan, tanto o partido como a Xunta, é a reactivación económica pospandemia. O líder do PPdeG insistiu en que a vitoria do pasado mes de xullo supuxo para Galicia quedar «á marxe da inestabilidade política» que na súa opinión caracteriza o conxunto da política española e defendeu a súa idea de PPdeG, nin nacionalista nin socialista nin populista, senón «reformista, constitucionalista, europeísta e galeguista».
36