Feijóo confirma que se presentará á reelección como líder do PPdeG


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este martes que se presentará de novo para liderar o PPdeG, que dirixe dende xaneiro de 2006. Durante unha intervención ante a Xunta Directiva do partido, anunciou que chegará o día en que dea un paso á beira. Nun discurso no que reivindicou a súa xestión durante a crise sanitaria, salientou que a tarefa máis importante que afrontan, tanto o partido como a Xunta, é a reactivación económica pospandemia. O líder do PPdeG insistiu en que a vitoria do pasado mes de xullo supuxo para Galicia quedar “á marxe da inestabilidade política” que na súa opinión caracteriza o conxunto da política española e defendeu a súa idea de PPdeG, nin nacionalista nin socialista nin populista, senón “reformista,  constitucionalista, europeísta e galeguista”.