Os representantes da oposición levaban varias semanas solicitando un encontro co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para abordar a situación de Galicia e a súa reconstrución económica e social provocada pola crise sanitaria da covid-19, coincidindo tamén co final dos traballos da comisión de reactivación que se pactou na Cámara autonómica. Feijóo contestou este xoves a esa petición convocando a Ana Pontón (BNG) e Gonzalo Caballero (PSdeG) a unha reunión o día 26 de Marzo. Queda por matizar aínda o formato no que terá lugar esta xuntanza. Pontón trasladou por escrito ao xefe do Executivo galego a súa dispoñibilidade para manter nesa data un encontro «bilateral» entre o presidente da Xunta e a líder da oposición. Mentres que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, confirmou que acudirá con «espírito construtivo a favor de Galicia» a esa reunión convocada por Feijóo para o día 26 de marzo.
33