Feijóo culpa da rescisión de contratos a enfermeiras a un erro de «interpretación»

1 minutes read

Feijóo bota balóns fóra e asegura que a rescisión de contratos prorrogados a enfermeiras que atendían enfermos con coronavirus –rectificada ás poucas horas de se ordenar– foi un erro de «interpretación» e que esa non era a intención do Sergas.

O pasado mércores, a xerencia da área sanitaria de Santiago rescindiu unilateralmente a varias enfermeiras eventuais a prórroga dun contrato xa asinada ao considerar que xa non eran necesarias na planta de afectados polo coronavirus onde traballan desde hai un mes.

Chamadas unha a unha pola Dirección de Recursos Humanos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) para comunicarlles a anulación das devanditas prórrogas –que foran confirmadas o martes anterior e asinadas había días pola maioría delas–, varias das afectadas denunciaron publicamente a situación e un episodio máis na «precaria» política de contratación do Sergas. «Somos empregadas de usar e tirar», dixo Eventuais en Loita. O día seguinte, tras difundirse o caso, a xerencia da área compostelá volveu chamar ás enfermeiras para anunciarlles que o seu contrato seguía en vigor ata finais de abril.