Feijóo destaca o «amplo legado» de Carvalho Calero

Así o manifestou o presidente galego este sábado durante o discurso pronunciado ao rematar o pleno extraordinario da Real Academia Galega (RAG), en homenaxe ao autor ferrolán. É unha magoa que non poda estar hoxe aquí con nós nun acto no que damos cumprimento ao mandato que inspirou, no xa afastado 1963, a proposta de celebrar o Día das Letras Galegas. Tratábase entón de “recoller o latexo material da actividade intelectual galega”. «Necesitamos máis que nunca proclamar que a nosa lingua nos proporciona unha forza adicional, unha unidade máis estreita, uns afectos máis intensos», aseverou Feijóo.

Intervención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Tras a sesión plenaria, Alberto Núñez Feijóo destacou o legado de Carvalho Calero, depositado en dicípulos como Freixanes que -asegura o presidente da Xunta- testemuñan un desexo pedagóxico afastado de calquera tentación doutrinaria. «Axudou a criar galegos e galegos libres que propician unha cultura e unha lingua libres. Seguindo esa senda, o Goberno de Galicia ten como eixe desta lexislatura a potenciación da transmisión interxeracional do galego no seo das familias e a vivencia da lingua na mocidade», defendeu Feijóo. 

A Academia comprométese a seguir estudando a figura do homenaxeado deste ano, difícil para as celebracións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha