Feijóo di que as portas do PPdeG están abertas

Cedida.

Alberto Núñez Feijóo reiterou que as portas do PPdeG están abertas a todos os que prefiren a moderación e o entendemento. Nun acto de entrega de carnés a novos afiliados, os catro presidentes provinciais coincidiron no desexo de que, sexan cando sexan as vindeiras eleccións, el repita como candidato á presidencia da Xunta. Alberto Núñez Feijóo non deu pistas sobre o calendario electoral e rematou o seu discurso dicindo que fará o que militantes e dirixentes do PPdeG queiran que faga.