Feijóo di que traballa nunha Lei de reactivación da economía


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a Xunta leva dúas semanas traballando nun proxecto de Lei de reactivación da economía co obxectivo de converter Galicia nun bo lugar para investir. Fixoo durante a entrega das Medallas Anfaco-Cecopesca 2020, con fincapé na necesidade de apoiar máis que nunca a todo o tecido produtivo, facilitando que se consoliden novos proxectos para crear riqueza e emprego na Comunidade. Ao respecto, lembrou, a modo de exemplo, as medidas postas en marcha co Plan Avantemar para apoiar á cadea mar-industria neste 2020 e 2021.

Declaracións do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.