Feijóo e Ayuso dan por pechada a crise no PP e conxúranse contra Sánchez


A sinerxia entre Alberto Nuñez Feijóo e Isabel Díaz Ayuso consolídase no PP tras un congreso rexional no que a presidenta madrileña foi proclamada tamén presidenta do partido autonómico e xunto co líder nacional dos ‘populares’ deron por superada a crise interna que motivou, precisamente, a celebración deste congreso. Feijóo ofreceulle total “liberdade” para que “o Partido Popular de Madrid sexa máis libre” e xuntos marcáronse como obxectivo tombar ao goberno de Pedro Sánchez, ao que cualificaron como “pouco preparado”, “débil” e “dividido”: “O peor da democracia”. Ayuso díxolle a Feijóo: “Ti serás presidente do Goberno e Madrid é a retagarda, a España con ganas, o goberno que todos os españois están a perderse ata que o PP volva á Moncloa”, proseguiu. Puxo a este “equipo de tabernarios” á disposición de Feijóo e asegurou que se vai a “cambiar o rumbo a España”.