viernes, 29 mayo , 2026

Feijóo e o presidente portugués coinciden na oportunidade do Xacobeo para reactivar a economía

1 minutes read

Alberto Núñez Feijóo, abordou co presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, a oportunidade que supón o Xacobeo 21-22 para reactivar o turismo e a economía de ambos os territorios. Tanto o Camiño Portugués do Interior como o da Costa están a experimentar o maior incremento de peregrinos, como xa se puxo de manifesto en 2019, resaltando ademais o patrimonio histórico, a gastronomía e a paisaxe como elementos clave destas rutas. Ambos mandatarios avaliaron as posibilidades que brindan os fondos europeos Next Generation para relanzar a situación económica. Ao respecto, o titular da Xunta fixo referencia aos máis de 300 proxectos que conforman a candidatura de Galicia, por un importe de 20.000 millóns, facendo fincapé nos que poden resultar “interesantes” para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como a iniciativa presentada no ámbito da automoción.