Feijóo fixo un percorrido este xoves pola feira de Carballo de camiño a Mazaricos

1 minutes read

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, visitou este xoves pola mañá Carballo e logo Mazaricos, antes de ofrecer un mitin en Oleiros. En Carballo conversou con varios vendedores ambulantes, especialmente de froita e ademais realizou un percorrido pola feira. Feijóo desafiou ao temporal e estivo acompañado de Rubén Lorenzo, número 13 na candidatura provincial ás eleccións galegas do 18 de febreiro e da coordinadora da campaña do Partido Popular, Paula Prado, número dous do PPdeG.

Os gandeiros de Mazaricos trasladáronlle as súas preocupacións pola acción do lobo nas súas ganderías, polos custos de produción e a alta fiscalidade ambiental e tamén lembraron que ninguén respecta máis o campo que quen vive nel. Feijóo está a facer especial fincapé na Galicia rural que tan ben coñece despois de gobernar a comunidade durante 13 anos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?