“Feijóo foi un desastre para as industrias en Galicia”, denuncia Gonzalo Caballero

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denuncia un “retraso histórico” no sector industrial de Galicia potenciado polo goberno do Partido Popular. Acusa directamente á Xunta de non saber “arrimar o ombro” e non dar “solucións económicas” en momentos de crise.

Exemplo disto é o caso de Alcoa. Fronte a un Pedro Sánchez “que estivo cos traballadores”, segundo indicou Gonzalo Caballero, a Xunta tivo unha actitude “ausente e pondo atrancos”. A Alberto Núñez Feijóo tamén lle afeou a “estratexia avestruz” no caso da Valedora do Pobo, Milagros Otero, que continúa no cargo pese que unha sentenza avalada polo TSXG sostén que colocou a dedo a unha sobriña de Fraga Iribarne.

O secretario xeral do PSdeG reunirá este sábado en Compostela ao partido nunha Escola de Verán á que acudirán representantes socialistas co obxectivo de trazar estratexias de goberno progresistas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha