Feijóo garante o apoio da Xunta a Jealsa tras o incendio de parte das súas instalacións


Alberto Núñez Feijóo garantiu o apoio da Xunta a Jealsa tras o incendio o pasado sábado de parte das súas instalacións. Logo de manter unha xuntanza cos responsables do grupo, para coñecer os plans da compañía de cara á recuperación da actividade, Feijóo quixo agradecer tamén o esforzo e compromiso das máis de 60 persoas que interviñeron na loita contra o incendio. O presidente da Xunta quixo aproveitar a visita para destacar a fortaleza e a capacidade de Jealsa, un grupo con máis de 60 anos de historia que conta con marcas tan consolidadas como Rianxeira ou Escurís; cunha facturación de 703 millóns de euros e con 5.300 traballadores.