Feijóo inicia contactos cos alcaldes das principais cidades galegas


Alberto Núñez Feijóo remitiulle unha carta ao presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e aos alcaldes de seis das sete cidades galegas. Nesa misiva, que recibiron todos os rexedores, agás o de Ourense, o presidente galego pídelles unha elevada disposición ao traballo conxunto para a recuperación económica e social. O obxectivo, segundo se indica na carta, é traballar xuntos na protección da saúde dos cidadáns.