38
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi contacto estreito cun positivo por COVID-19, polo que reducirá a súa axenda esta semana. Feijóo realizouse unha PCR tras ter coñecemento do risco de contaxio, que foi negativa. Este resultado máis o feito de que o mandatario xa recibiu a terceira dose da vacina fan que non estea obrigado a gardar corentena. De todos os xeitos, axustará a súa actividade política ao fixado polo protocolo do Sergas, que establece incrementar as precaucións e limitar as interaccións sociais. Por iso, ademais de reducir os seus actos esta semana, a comparecencia prevista tras o Consello da Xunta será a través de videoconferencia.