Feijóo, obrigado a recoñecer que mentiu ao asegurar que Mazón lle informou «a tempo real» o día da DANA

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu na súa declaración telemática como testemuña ante a xuíza que investiga a xestión da dana do 29 de outubro de 2024 que ese día non tivo información «en tempo real» como afirmou ante a prensa dous días despois da traxedia que só en Valencia deixou 230 mortos. Así o afirmou tras entregar voluntariamente á xuíza as mensaxes que enviou a Mazón ese día, nos que lle instaba a levar «a iniciativa na comunicación».

O responsable da oposición tachou de “erro” esta afirmación, xustificando que non se refería ao día 28, senón ao martes 29 e o mércores 30. Así mesmo, ditaminou que a data do temporal non recibiu “ningunha información” do político alacantino “nin lla pide o martes 29”: “Nin a recibo, nin a pido”, subliñou.

No principio do ano, cando a xuíza dispuxo da comunicación completa, xa se demostrou que Feijóo mentira, pero agora el mesmo reafírmao ante a maxistrada. Aínda que continuou na defensa ao seu compañeiro de partido durante varias partes da súa intervención.

O letrado do exsecretario autonómico Emilio Argüeso, un dos dous investigados nesta causa, advertiu á xuíza de que cre que se está extralimitando na súa investigación, por considerar que está a facer investigacións sobre o expresidente Carlos Mazón, que é aforado e non está imputado.

Feijóo admitiu que non sabe onde estaba Mazón cando se intercambiou varias mensaxes con el a serán do 29 de outubro de 2024, pero ao seu xuízo «parecía que estaba informado» e engadiu que a primeira vez que tivo información sobre a posibilidade de que houbese falecidos foi por unha mensaxe do president ás 23:25 horas.

Related posts

Yolanda Díaz anuncia que non será candidata nas próximas eleccións xerais

Faleceu Antonio Tejero, o garda civil que protagonizou o intento de golpe de estado o 23-F de 1981

A Garda Civil cre que a rotura do carril ou a soldadura foi a causa do accidente de Adamuz