Feijóo, partidario de «peches e aperturas progresivas» antes que do confinamento

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, dixo no pleno do Parlamento autonómico que non pode asegurar que non haberá confinamento, aínda que o Goberno galego traballará para evitalo. Nese sentido, Feijóo engadiu que «a única opción» ata que haxa vacina son «peches e aperturas progresivas».

Momento da intervención parlamentaria do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Na súa comparecencia no pleno, a petición do BNG, confiou en que de continuar «a tendencia á baixa» dos últimos días, ao longo do mes de decembro poderanse «levantar algunhas das restricións». Así, estacou que Galicia ten motivos para a «esperanza», tanto polas máis de 30.000 persoas curadas, como pola «comparación» con outras comunidades.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha