O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiu este venres que proporá o vindeiro domingo, na Conferencia de Presidentes, antes do resultado do estudo epidemiolóxico, que se permita saír a xente «como mínimo unha hora» para facer deporte de maneira individual, así como abrir talleres mecánicos e pequenos establecementos comerciais de forma controlada e mesmo con cita previa, ademais de reiniciar as obras de rehabilitación de edificios e reabrir os mercados municipais ao aire libre. Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta fixo fincapé en que é imprescindible, “a estas alturas”, un horizonte previsible de volta á nova normalidade en todos os sectores económicos: gradual, dinámico e reversible, para tomar decisións persoais, laborais e empresariais. “Estamos a falar da necesidade de aclarar as condicións de volta ao traballo previsible, no ámbito social e no ámbito educativo, así como dun sistema de apertura e peche flexible”, dixo, subliñando que o Executivo galego está a avaliar as primeiras bases da desescalada que considera razoable plantexar xa en Galicia, de acordo coa situación da pandemia e a situación epidemiolóxica da Comunidade.
34