- Coa eliminación da taxa, Galicia podería ofertar todas as prazas que requiren as necesidades asistenciais e non soamente as vacantes xeradas por xubilacións ou falecementos
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou este xoves na rolda de prensa do Consello que a Oferta de Emprego Público do Sergas para 2020 podería superar as 3.500 prazas se o Goberno central elimina a taxa de reposición de efectivos actualmente vixente.
De non facelo, Feijóo subliñou que a oferta en Galicia para este ano, cun 100% da taxa de reposición de efectivos, reduciríase a 973 prazas: máis de 2.500 prazas menos.
Coa eliminación da taxa, a Comunidade galega podería ofertar todas as prazas que requiren as necesidades asistenciais e non soamente as vacantes xeradas por xubilacións ou falecementos.
A oferta para 2020, segundo relatou Feijóo, céntrase tanto nunha oferta capaz de médicos de familia e pediatras; como en potenciar a cobertura dos postos de traballo en hospitais comarcais ou centros sanitarios illados.