- O Presidente do PPdeG estivo este sábado en Vimianzo e Cee.
Para Feijóo, Raquel Rodríguez é a alcaldesa que precisa Vimianzo, para abrir así “un novo período de prosperidade e futuro” e deixar atrás os malos modais e as coaccións. Da candidata recalcou a súa honestidade, preparación, moderación e talante: “Non ten máis obxectivo que servir aos seus veciños”. Do mesmo xeito, apuntou que será a que logrará que o Goberno central faga o enlace co polígono industrial.
Posteriormente, durante un mitin en Cee, indicou que, o próximo 26 de maio, este concello precisa un goberno do PP que garanta un futuro claro, por iso animou a unir o voto para acadar estabilidade e para que o municipio volva estar en marcha. Neste punto, referiuse aos traballadores de Ferroatlántica, un exemplo de que a falta de acción e a mala política ten consecuencias. “Hai moitas familias en Cee que dependen de que Pedro Sánchez baixe das nubes, poña os pés na terra e nos dea solucións xa”, destacou o líder do PPdeG, quen asegurou, ademais, que o mantemento da actividade industrial e do emprego pasa por ofrecer estabilidade no prezo da electricidade a través da elaboración dun estatuto do consumidor electrointensivo.