O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu ao Goberno central que elimine a taxa de reposición nas OPE de Sanidade e de Servizos Sociais para este 2020, e se non fose suficiente nas OPE de 2021. “Sería facer xustiza coas persoas e cos colectivos que máis traballaron durante a pandemia, contratados cunha temporalidade que nós non queremos”, dixo, pedindo tamén a baixada do IVE para o sector turístico, cunha redución do 10 ao 4% para servizos como a hostalaría, os balnearios ou a restauración, “este ano e o seguinte, é dicir, ata o 31 de decembro de 2021”.
Declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.