36
Alberto Núñez Feijóo insiste en acelerar a apertura da economía ao considerar que moito tempo máis da parálise que se mantén en varios sectores tornará a pandemia sanitaria en «pandemia social e económica». O presidente da Xunta, na rolda de prensa que ofreceu logo da Conferencia de Presidentes telemática co resto de dirixentes autonómicos e Pedro Sánchez, advertiu mesmo dunha «certa lentitude» nesas medidas que permitan o reinicio dalgunhas actividades e teimou en solicitar a apertura, coas medidas de seguridade axeitadas, de comercio ou, unha vez máis, dos concesionarios de coches, espazos onde volveu centrar boa parte das súas reclamacións.