36
O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, presentou un plan de 60 medidas entre as que pide que goberne a lista máis votada tras unhas eleccións, aínda que limitou esta proposta unicamente aos concellos. Feijóo presentou o seu «plan de calidade institucional» e para a «rexeneración democrática» no Oratorio de San Felipe Neri (Cádiz), o lugar onde se promulgou a Constitución liberal de 1812, coñecida popularmente como a ‘Pepa’. Dende alí, asegurou que puxo ao dispor do Goberno o seu proxecto por «se quere implementalo» e, se non, comprometeuse a facelo el nos cen primeiros días do seu goberno, se chega á Moncloa.