O presidente do Goberno galego presentou a través dunha videoconferencia na que participaron máis de 1.000 profesionais do sector, o Plan de reactivación do turismo centrado en facer da Comunidade un destino seguro e reinventar un sector clave para a marca Galicia e a economía. Co obxectivo de converter Galicia nun destino seguro, Feijóo precisou que un dos piares deste plan é a posta en marcha dunha estratexia de seguridade sanitaria para o sector, que permita deseñar tanto medidas de seguridade e hixiene, coa vista posta na reactivación; así como certificacións que acrediten o cumprimento destas medidas por parte dos distintos establecementos para incrementar así a confianza na Comunidade. Ademais desta estratexia, o plan de reactivación do turismo contará con outras medidas, 26 en total, enfocadas a fomentar o emprego, reactivar o consumo e xerar liquidez.
37