Feijóo propoñerá abandonar o estado de alarma o día 15

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visita a empresa Nort3D. Porto do Molle, (Nigrán),

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que traballa na posibilidade de deixar sen efecto o estado de alarma polo coronavirus o vindeiro luns, decisión que se adoptaría na reunión do seu gabinete este venres. Ademais concretou que como autoridade delegada do Goberno fará esa proposta a teor de que Galicia foi no últimos sete días a comunidade autónoma coa taxa de contaxios máis baixa de España: 0,4 por cada 100.000 habitantes. O presidente da Xunta presumiu da “responsabilidade” exhibida polos galegos á hora de respectar o confinamento e o resto de normas ligadas á alerta sanitaria, síntoma “dunha sociedade moderada e comprometida”.