37
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu na tarde deste martes a primeira dose da vacina de AstraZeneca na Cidade da Cultura, en Santiago. O xefe do Goberno galego, que fai 60 anos en setembro, dixo que estaba contento por recibir a vacina que lle corresponde e cando lle toca por grupo de idade. Animou os cidadáns a vacinarse para conseguir o obxectivo que marca o Sergas de que todos os maiores de 60 estean inmunizados en xuño. «Eu agradezo a resposta que está tendo a poboación e dicirlles que hai que acudir cando toque e coa vacina que toque. A desfrutar desa inmunidade que é tan merecida para todas as persoas que seguen esperando», dixo Feijóo.