Feijóo reforza a maioría do PP en Galicia e o BNG fai historia

1 minutes read

Alberto Núñez Feijóo, a fronte do PPdeG, iguala o seu antecesor, Manuel Fraga, e iniciará a súa cuarta lexislatura como presidente da Xunta de Galicia. Así o advertían ao longo das últimas semanas as enquisas. Un resultado que tamén apuntaban as sondaxes a pé de urna das 20 horas do 12 de xullo. O desgaste de Feijóo non foi tal e logrou un asento máis no Parlamento que en 2016, un total de 41: 14 pola circunscrición da Coruña, 9 pola de Lugo, 8 pola de Ourense e 10 pola de Pontevedra. Pola súa banda o BNG de Ana Pontón, logrou superar todas as enquisas e conseguiu o mellor resultado da súa historia, con 19 escanos: 7 pola circunscrición da Coruña, 3 pola de Lugo, 3 pola de Ourense e 6 pola de Pontevedra. O PSdeG – PSOE de Gonzalo Caballero queda relegado á terceira formación política do Parlamento galego con 15 escanos, os mesmos que en 2016. O partido socialdemócrata non consegue rendibilizar en Galicia o seu liderado á fronte do Goberno estatal e queda con 4 representantes pola Coruña, 2 por Lugo, 3 por Ourense e 6 por Pontevedra. Os demais partidos que se presentaron a estas eleccións en Galicia, quedaron lonxe de conseguir representación no Pazo do Horreo.

Resultado en escanos.