Feijóo reivindica o feminismo e a “vixencia” das ideas de Emilia Pardo Bazán


Intervención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Durante o acto de presentación do libro Movendo os marcos do patriarcado, das profesoras Marilar Aleixandre e María López Sández, editado por Galaxia, Alberto Núñez Feijóo, destacou o impulso fundamental de Emilia Pardo Bazán na historia “inacabada” da igualdade real entre homes e mulleres, soubo interpretar con acerto e abandeirar con empuxe unha causa que concerne a todos, por riba de pensamentos ou ideoloxías. “Na súa vida e na súa obra subxacen as ideas de igualdade, emancipación económica, educación ou a loita contra a violencia de xénero”, dixo. Ademais aproveitou o acto para avanzar que, neste centenario, a Xunta desenvolverá unha completa programación de actividades para enxalzar a figura de Pardo Bazán e o seu papel de pensadora libre e creadora de primeiro nivel.