31
Durante unha visita aos establecementos comerciais da rúa da Oliva, en Pontevedra, Feijóo recordou que, ademais dunha achega de 21 M€ para incentivar as ventas e o consumo, a Administración autonómica puxo en marcha o Plan de comercio seguro, para dar seguridade e confianza a negocios e clientes, así como numerosas iniciativas ao abeiro dos plans de reactivación para paliar a caída de ingresos do comercio de proximidade, dotadas con máis de 70 millóns de euros. Tamén destacou o Plan renove de electrodomésticos, para mellorar a eficiencia enerxética dos fogares, que conta con máis de 10.000 solicitudes e o Bono enerxía peme-comercio, cun investimento de 3 millóns para mellorar envolventes, iluminación ou electricidade.