Feijóo solicitalle por escrito os 700 millóns ao Estado

1 minutes read

O presidente da Xunta informou este mércores de que o seu Executivo elaborou unha proposta de Real Decreto Lei para desbloquear os 700 millóns de euros que o Estado debe a Galicia e esta proposta remitiraa ao Goberno.

Durante a sesión de control no Parlamento galego, Núñez Feijóo avanzou que lle remitirá unha carta ao presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, na que lle solicitará que «reconsidere o bloqueo desatinado» co que, dixo, castigou a servizos tales como a sanidade e a educación, xestionados polas comunidades autónomas.

Esta misiva, ademais, irá acompañada polo informe que os servizos xurídicos do Executivo galego elaboraron e no que defenden que o Goberno está obrigado a entregar as devanditas cantidades aínda estando en funcións.