Alberto Núñez Feijóo tomou posesión este sábado, por cuarta vez, como presidente da Xunta de Galicia, logo de que o presidente da cámara, Miguel Santalices, lese o decreto correspondente. O galeguismo histórico, di Feijóo, estivo “obsesionado con evitar as discordias e empeñado en atopar fíos consistentes que nos mantiveran unidos. Atopamos finalmente ese fío na democracia constitucional española e no autogoberno galego”. Con esas palabras, e con novas apelacións á «estabilidade» e a «moderación», do mesmo xeito que nas anteriores ocasións.
Presentes estaban entre outras persoas, o actual e o anterior presidentes do PP, Pablo Casado e Mariano Rajoy, e a ministra de Política Territorial, Carolina Darias, como principal representante do Goberno central. Tamén acudiron á toma de posesión os conselleiros e as conselleiras en funcións, así como o ex-presidente socialista Fernando González Laxe, os ex-presidentes do Parlamento, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e o delegado do Goberno, Javier Losada. A previsión é que este domingo comunique a composición do seu novo Goberno e que o luns sexan os conselleiros e conselleiras os quen tomen posesión do seu cargo.