Feijóo traslada a Teresa Ribera a necesidade dunha transición enerxética e ambiental xusta

1 minutes read

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou este xoves á vicepresidenta cuarta e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, a necesidade dunha transición enerxética xusta e ordenada que garanta a continuidade de 15.000 empregos de sectores clave para Galicia.

Durante a xuntanza, Feijóo referiuse, a modo de exemplo, á situación que atravesan plantas como a de Meirama, Endesa-As Pontes, Siemens-Gamesa, Alcoa, Alu-Ibérica ou Ence, que forman parte de sectores clave afectados, como o electrointensivo, o enerxético, o forestal ou a cadea mar-industria que se están a ver afectados pola aplicación dunha transición abrupta.

“A transición enerxética e ambiental non pode deixar miles de empregos atrás”, abundou, valorando a disposición do Ministerio a buscar solucións e a avaliar as distintas propostas formuladas pola Xunta.