Feijóo ve «posible» aliviar as restricións a próxima semana

1 minutes read

Alberto Núñez Feijóo fala de optimismo pero optimismo condicionado pola aínda alta hospitalización de doentes da covid. Porén, se os contaxios continúan á baixa esta semana, xa poderían levantarse algunhas restricións para a que vén.

«Na próxima semana falariamos, probablemente, de cal é a situación e que cousas, no seu caso, poderíamos empezar a diminuir; pero, insisto, sempre dende a óptica da moderación e da óptica da progresividade. Non imos obter dun día para o outro a anulación do 100% das restricións pero é posible que a próxima semana, mediados, finais da próxima semana, podamos dar algún respiro», asegura Feijóo.