Feijóo visita Laxe para comprobar a fase final das obras da dragaxe do porto

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira do Mar, Rosa Quintana, visita este luns o peirao de Laxe para comprobar a fase final das obras da dragaxe do porto.

Esta actuación completa as obras de dragaxe do porto de Laxe dando resposta a unha demanda histórica da confraría de pescadores da localidade e o sector da zona. Os traballos realizados consistiron na extracción de áridos e rocha do fondo mariño para a recuperación de calado no porto. A dragaxe realizouse principalmente a cota -5, excepto nunha franxa próxima ao peirao da lonxa que se realizou á cota -3.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha