Feijóo visitou as empresas afectadas polo incendio do polígono do Ceao


Declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visitou este luns as empresas afectadas polo incendio ocurrido este domingo no polígono industrial do Ceao para coñecer de primeira man os danos rexistrados e avanzou o apoio da Xunta para facilitar a recuperación da súa actividade. Tamén sinalou que aínda que agora deberán tomar parte as aseguradoras, a Xunta estará desde este instante á súa disposición, “tanto para asesorar en materia de seguros, como para garantir circulante e préstamos inmediatamente mentres non se executen as pólizas de seguros”. Ademais tivo verbas de agradecemento para todos os efectivos que participaron no dispositivo de extinción, polo seu labor e rápida actuación na que mesmo chegaron a arriscar as súas vidas. Así como para as administracións implicadas que traballaron con total coordinación “como un único equipo”.