Feijóo xa admite que ‘é posible’ que non goberne 

O presidente do PP e candidato á Presidencia do Goberno, Alberto Núñez Feijóo, admitiu este xoves que «é posible» que non consiga o respaldo do Congreso para ser investido a finais de setembro, algo que atribuíu aos «pactos anti-Estado» do líder de PSOE e presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, para manterse no cargo renunciando á «igualdade de todos os españois», dixo. Feijóo defendeu a súa estratexia de falar con todos, así como o seu dereito para acudir á investidura por ser o «gañador das eleccións» e expoñer a súa alternativa á «chantaxe», aínda que esta posición lle custe o «non», que recibirá con «dignidade» e «determinación», concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha