Os representantes do grupo Feirauto de Baio fixeron na mañá deste luns a entrega dos agasallos correspondentes á campaña solidaria “Un coche, unha ilusión”, unha iniciativa que desenvolven cada ano en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello de Zas.
A través desta campaña, os Servizos Sociais municipais encárganse de canalizar as peticións das familias máis necesitadas do municipio e de realizar posteriormente o reparto dos agasallos doados. Cómpre destacar que todos os produtos entregados foron adquiridos no comercio local, contribuíndo así tamén ao apoio da economía do noso municipio.
O acto de entrega tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Zas e contou coa presenza de representantes de Automóviles Celmar, Talleres Manuel Montes e Talleres J. Lema, así como do presidente da Fecom, José Gabín, e do alcalde de Zas, Manuel Muíño, quen agradeceu aos empresarios a súa implicación e este xesto de solidariedade coas familias máis necesitadas do municipio.
14