Feirauto ofrece en Baio espectaculares ofertas en automóbiles toda a fin de semana

0 minutes read

Desde este venres 20 de setembro e ata última hora do domingo día 22, os concesionarios de Baio celebran a 44 edición de Feirauto. Serán unhas xornadas de portas abertas nos catro talleres organizadores: J. Lema, Manuel Montes, Graíño e Automóbiles Celmar, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Ademais, achegarse por un deses concesionarios pode ter premio, dado que entregarán unha rifa para participar no sorteo de 6 vales de 50 euros en combustible.

Promo Feirauto.