Finalizada unha nova e exitosa edición de Feirauto nos concesionarios de Baio, unha das feiras do automóvil máis importantes de Galicia, organizada pola Asociación do Automóvil de Baio e a Fecom, en colaboración co Concello de Zas e a Deputación da Coruña.
Este venres realizouse o sorteo de vales de combustible, iniciativa que formaba parte, como en edicións anteriores, da promoción da feira. O premio total foron 300 euros en combustible, repartidos en 6 vales de 50€ cada un para canxear na Estación de Servizo Cepsa de Baio.
O presidente da Fecom, José Gavín, exerceu de mestre da cerimonia, na que as mans inocentes de tres dos concesionarios participantes na feira extraeron os números premiados, que desta volta corresponderon cos seguintes: 00655 – 03326 – 01491 – 07319 – 01975 – 08500.
Os premiados deberán pasarse antes do 30 de setembro por calquera dos talleres ou concesionarios participantes na feira onde poderán canxear o seu boleto por un vale de combustible.