Felipe VI, en corentena por un caso de contacto de Covid-19


O rei Felipe VI, permanecerá en corentena durante dez días despois de ter coñecemento de que unha persoa coa que estivo en contacto, este domingo, deu este luns positivo pola covid-19, informaron fontes da Casa Real española.

O monarca suspendeu todas as actividades que tiña programadas durante ese período no que estará illado. Felipe VI, do mesmo xeito que a raíña Letizia, someteuse ao test de coronavirus o pasado 12 de marzo, ao comezo da pandemia, e ambos deron negativo. Naquela ocasión, o monarca reincorporouse á actividade, mentres que a raíña gardou corentena durante dúas semanas despois de coincidir nun acto coa ministra de Igualdade, Irene Montero, quen dera positivo por covid-19.

Tamén a princesa Leonor, herdeira da coroa española, estivo illada durante dúas semanas pouco despois de iniciar o colexio para mediados de setembro tras confirmarse que unha das compañeiras de clase estaba contaxiada, pero na proba PCR deu negativo. Nesta ocasión, a raíña Letizia e as súas dúas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía, «poderán continuar coas súas actividades con normalidade», informou a Casa Real.