Felipe VI honra aos republicanos españois vítimas dos nazis

1 minutes read

Os reis de España honran a memoria dos republicanos españois que foron vítimas do nazismo en Austria. O Rey Felipe VI e a raíña Leticia acudiron ao monumento contra a guerra e o fascismo. Na homenaxe estiveron acompañados polo presidente de Austria e a súa esposa. Depositaron dúas coroas de flores unha coa bandeira de España e a outra coa de Austria. A ofrenda estivo dedicada á memoria de todas as vítimas dos nazis e, en especial, ás vítimas españolas que morreron no campo de exterminio de Mauthausen, coñecido como o «campo dos españois». A ofrenda celebrouse catro días despois do Día Internacional de Recordo do Holocausto, que conmemora a liberación do antigo campo de exterminio nazi de Auschwitz (na Polonia ocupada polos nazis).