Desde este pasado mércores 29 de setembro e ata este próximo venres 1 de outubro celébranse mesas de debate sobre eixos crave da actualidade, como o equilibrio geoestratégico, o futuro do emprego, a dixitalización e o compromiso ambiental, entre outros. O Rey Felipe VI inaugurou o Foro, xunto a Amancio López Seijas, Presidente de Grupo Hotusa, Nadia Calviño, Vicepresidenta do Goberno e Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia. O rei pediu este mércores defender os dereitos, liberdades e convivencia conseguidos en democracia fronte a calquera ameaza que poida poñer en risco esas conquistas. Felipe VI lanzou esa chamada na inauguración do III Foro La Toja-Vínculo Atlántico en presenza, entre outros, de dous expresidentes do Goberno, Felipe González e Mariano Rajoy.
40