0
O rei de España, Felipe VI, viaxou a Lugo para asistir ao acto central do Tour do Talento, que se celebra no Auditorio Municipal Gustavo Freire e no transcurso do cal se deu a coñecer o Premio á Investigación Científica que concede a Fundación Princesa de Xirona e que, nesta ocasión, foille concedido ao doutor en Biomedicina Marc Schneeberger Pané, polas súas achegas no descubrimento dunha nova rexión do cerebro. Antes da chegada do Rei, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez agradeceu á Fundación Princesa de Xirona que escollese a capital lucense como unha das cinco sedes do Tour do Talento 2023.