Felipe VI visitou a fábrica de Stellantis en Vigo

O rei de España, Felipe VI, chegou este venres con media hora de atraso a un acto en Stellantis tras desviarse o seu avión pola néboa desde o aeroporto de Vigo á terminal de Santiago de Compostela. Neste caso, a recepción prevista para as 11:00, tivo lugar pasadas ás 11:35 horas na planta viguesa de Stellantis. Pola súa banda, fontes de Aena manifestaron que non se ten constancia de que se desviara ningún voo regular desde o aeroporto de Peinador a outra terminal durante a mañá deste venres.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha